A tempada de rítmica chega ao seu fin cunha nova cita a nivel nacional. O pasado 5 de xullo desprazámonos ata Castellón para disputar a II Fase da Copa de España de Conxuntos Absolutos, na que o noso club contaba con dous conxuntos clasificados.
Por desgraza, o conxunto sénior feminino non puido competir debido á lesión no nocello de Laura, unha baixa moi importante para o equipo. Dende o club queremos enviarlle todo o noso ánimo e desexarlle unha perfecta recuperación.
Quen si puido competir foi o conxunto sénior mixto, que realizou un gran exercicio e conseguiu un fantástico 5º posto, demostrando unha vez máis o traballo, o compromiso e a ilusión con que afrontan cada competición.
Con esta cita pechamos a primeira parte da tempada de rítmica. Facémolo cun sorriso, orgullosos do camiño percorrido e con moitas ganas de seguir medrando despois do descanso estival.
Parabéns a todas as nosas ximnastas, ás adestradoras e ás familias por estar sempre aí. Agora toca descansar… e volver con máis forza ca nunca!