O conxunto senior 6º na Copa!
Moi boas sensacións cara o resto da tempada tras esta II Fase da Copa. O conxunto senior realizou un excelente exercicio e colocouse na parte alta da clasificación, sexto posto! O conxunto junior non ofreceu o seu mellor exercicio pero aínda así foi quen de situarse no 13º posto. O conxunto infantil da mostras dunha gran melloría e veteranía, sendo 9º clasificado no primeiro ano da categoría.
Foi ademáis unha xornada emocionante para os nosos conxuntos, ao compartir tapiz coa selección española. Puidemos disfrutar de moi preto dos exercicios que competirán nos Xogos Olímpicos, os equipos de Alemania, Azerbaijan e por suposto España.
Agora, moi pronto as merecidas vacacións para rematar un 2024 que non comezou nada mal!!!