III FASE E FINAL DA COPA DEPUTACIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA (CELANOVA 30 DE MAIO DE 2026)

Os clubs Pavillón puxeron o broche final á tempada escolar este sábado en Celanova coa disputa da III Fase e Final da Copa Deputación de Ximnasia Rítmica. Unha xornada moi especial na que se decidiron as clasificacións finais da competición e na que os nosos equipos volveron demostrar o gran traballo realizado durante toda a tempada.

A competición reuniu a 64 conxuntos e 44 ximnastas individuais de toda a provincia. Entre eles, os Clubs Pavillón participaron con 18 conxuntos e 19 ximnastas, logrando un excelente balance de 13 medallas: 5 ouros, 4 pratas e 4 bronces.

Gran nivel dos conxuntos

Na categoría senior, o conxunto Senior P acadou a segunda posición nesta fase, superando con gran mérito as dificultades das últimas semanas, marcadas por varias lesións que obrigaron a reformular o exercicio pouco antes da competición. Na clasificación final da Copa proclamouse subcampión, mentres que o Senior M rematou en terceira posición.

O conxunto cadete conseguiu a vitoria nesta última fase e pechou a competición cunha meritoria prata na clasificación xeral.

Especialmente destacada foi a actuación dos conxuntos infantís, que ocuparon os tres primeiros postos da xornada. Ademais, o Infantil M proclamouse campión da Copa Deputación.

Na categoría alevín, o Alevín M logrou o ouro nesta terceira fase e finalizou a Copa como subcampión, mentres que o Alevín P rematou en cuarta posición.

Tamén merece unha mención especial o conxunto prebenxamín da Escola Pavillón Ribadavia, que conseguiu a medalla de bronce nesta última cita.

Por último, o conxunto de Iniciación da Escola Pavillón volveu subir ao máis alto do podio, completando unha tempada perfecta con vitorias en todas as fases da Copa e proclamándose campión. Un resultado que se suma ao excelente cuarto posto acadado no Campionato Galego Escolar celebrado a pasada fin de semana.

Excelentes resultados individuais

Na competición individual, Pura foi a gran protagonista da categoría senior, conseguindo o ouro en todas as fases disputadas e proclamándose campioa da Copa.

En categoría cadete, as ximnastas do Pavillón ocuparon os tres primeiros postos desta terceira fase. Na clasificación final, Sara conseguiu o título de campioa da Copa e Uxía rematou en terceira posición.

Na categoría infantil, Irene logrou a primeira posición nesta xornada e pechou a Copa cunha medalla de prata. Carmen completou o podio final coa medalla de bronce.

Aroa proclamouse campioa da Copa na categoría alevín, mentres que Chiara conseguiu o bronce tanto nesta fase como na clasificación final da categoría benxamín.

Con esta competición remata a tempada para os conxuntos de nivel escolar. O equipo técnico fai unha valoración moi positiva do traballo realizado durante todo o curso e amósase especialmente orgulloso da evolución de todas as ximnastas e equipos. Agora toca descansar unhas semanas antes de comezar a preparar unha nova tempada que arrancará no mes de outubro.

Resultados Fase Final Copa Diputáción Individual.

Prebenxamín: 6ª Alba

Benjamín: Chiara 3ª, 4ª Scarlett

Alevín: Aroa 2ª, 4ª Noa, 5ª Anik, 7º Aloia, 10ª Alejandra, 14ª Salma

Infantil: Irene 1ª, Carme 3ª, 7ª Sara,

Cadete: 1ª Sara, 2ª Cintia y 3ª Uxia, 7ª Alicia, 8ª Iria

Senior: 1ª Pura

Resultados Fase Final Copa Diputáción Conjuntos

Iniciáción: 1º Escola Pavillon

Prebénxamín: 3º Escola PaVillón R, 7ª Escola Pavillon E, 10º Escola Pavillon

Benjaxamín: 5ª Escola Pavillon

Alevín: 1º Escola Pavillón M, 5º Escola Pavillon P, 7º Escola Pavillon A, 12º Escola Pavillon E, 14º Escola Pavillon R, 16º Escola Pavillon O

Infantil: 1º Escola Pavillón, 2º CX Pavillón Ourense M, 3º CX Pavillón Ourense P

Cadete: 1º CX Pavillón Ourense

Senior: 2º CX Pavillón Ourense P, 4º CX Pavillón Ourense M

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad