III OPEN MEMORIAL MARÍA HERRANZ GÓMEZ (GUADALAJARA 26 ao 28 XUÑO DE 2026)

O Club Ximnasia Pavillón volveu demostrar o gran momento que atravesa a nosa sección de trampolín durante a participación na III edición do Open Memorial María Herranz Gómez, celebrada do 26 ao 28 de xuño en Cabanillas del Campo (Guadalajara).

A competición reuniu a preto de 300 ximnastas de máis de 20 clubs de toda España, nun evento xa consolidado dentro do calendario nacional e que, ademais, foi puntuable para a clasificación do próximo Campionato do Mundo.

Os nosos 15 deportistas competiron nas modalidades de trampolín individual e trampolín sincronizado, deixando unha magnífica imaxe do club tanto polo seu nivel deportivo como pola súa actitude durante toda a fin de semana.

O balance final foi excelente, cun total de 9 medallas:

Máis aló das medallas, tamén queremos destacar o gran número de finais e postos destacados conseguidos polos nosos ximnastas, un reflexo do traballo constante que realizan día tras día nos adestramentos.

Queremos felicitar a todos os deportistas, ás súas familias e ao equipo técnico polo esforzo e compromiso demostrados.

Resultados

Trampolín individual

XimnastaCategoríaClasificación
FabioElite 11-12🥇 1º
DanielaElite Fem. 13-1412º
MaraElite Fem. 13-14
AlmaElite Fem. 13-14
BreixoElite Masc. 13-14
MarioElite Masc. 15-16
IvánElite Masc. 15-16
UxíaElite Fem. 15-16🥇 1º
ClaudiaElite Fem. +17
MartaElite Fem. +1712º
NoaElite Fem. +17🥈 2º
DanielElite Masc. +17🥈 2º
MateoElite Masc. +17🥉 3º
PedroElite Masc. +1719º
HugoElite Masc. +1716º

Trampolín sincronizado

ParellaCategoríaClasificación
Fabio / RaúlElite 11-12
Breixo / JaimeElite 13-14🥉 3º
Alma / MaraElite 13-14
Mario / IvánElite 15-16🥇 1º
Uxía / ItziarElite 15-16
Claudia / MartaElite +17🥈 2º
Mateo / PedroElite +1710º

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad