Durante tres días 22 ximnastas da modalidade de Trampolín acudiron a este evento internacional que reuníu a 17 países.
Os resultados da súa participación foron moi satisfactorios tendo en conta a calidade dos e das deportistas participantes. Queremos destacar os podios por equipos: o equipo U-12 masculino acadou o ouro en trampolín e a prata en DMT e o equipo U-12 feminino acadou o bronce en trampolín.
Na competición individual Daniela Rodríguez Augusto (U12F) acadou o bronce en trampolín, Diego Rodríguez Pérez (U-12M) foi prata en trampolín, na mesma categoría Iker García Martínez foi bronce en DMT. Por último Mateo Rodríguez Pérez (U-16M) foi merecedor tamén do bronce en trampolín.
Con esta competición remata a temporada 23-24 e comezan unhas ben merecidas vacacións para ximnastas, adestradores e adestradoras.
Feliz verán!!!