Daniel G. Imray Carrasco e Uxía Blanco Cidón foron convocados pola Real Federación Española de Gimnasia para formar parte da selección junior que nos representou na Loulé Cup 2025.
Tanto Daniel como Uxía lograron pasar a finais en 3ª e 5ª posición amosando un traballo ben feito.
Esta competición foi unha excelente oportunidade para seguir acumulando experiencia e preparación cara o Campionato do Mundo Junior que se celebrará en novembro en Pamplona.
Os nosos parabéns a ximnastas, adestradores e familias e ao resto do equipo porque os resultados de uns son a suma do traballo de todos.