SCALABIS CUP 2025 [SANTAREM (PORTUGAL),10-12 DE XULLO]

31 de agosto de 2025

Un ano máis, o CXP acudiu a Scalabis Cup en Santarém, Portugal. Esta competición internacional reune a ximnastas de distintos países, o que nos permite descubrir diferentes estilos de ximnasia, facer novas amizades e, por suposto, poñer en práctica os nosos exercicios.

Na presente edición o Club presentou 23 ximnastas, que tiveron a oportunidade de demostrar todo o seu traballo e esforzo.

Aquí deixamos os resultados máis destacados:

  • Marta Rodríguez Cancio – prata en TR U21
  • Mario Monteagudo Blanco – Bronce en TR U14
  • Iker García Martínez 4º en TR U14
  • Mara Lázaro Díaz – 6ª en TR U12
  • Pedro Castaño Garrido – 8º en TR U21
  • Saúl Rodríguez Rodríguez 8º en DMT Senior

Resultados por equipos:

  • Equipo U14 bronce en TR
  • Equipo U21 ouro en TR

Parabéns a todo o equipo polo gran traballo e a ilusión coa que representaron ao Club. A disfrutar dunhas merecidas vacacións!!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad