XVI COPA GALICIA INTERNACIONAL XIMNASIA TRAMPOLÍN – II MEMORIAL PABLO HINOJAR [MARÍN 5-8 MARZO 2026]

Unha vez máis a Copa Galicia Internacional de Trampolín contou cunha nutrida representación de ximnastas do CXP así como de Clubs do panorama nacional e da veciña Portugal. Aragón, Asturias, Castilla La Mancha, Madrid, País Vasco, Castilla León, Canarias, Galicia e Portugal encheron as pistas do Pavillón Municial A Raña de saltadores e saltadoras.

En xeral os e as deportistas do Club, fixeron, como cada ano, unha moi boa competición pero, se cadra, compre destacar aquí a clasificación das ximnastas senior e sobre todo o ouro acadado por Noa Puente-Dodd Álvarez que despois dunha complicada e longa recuperación amosaba que a constancia e o traballo moitas veces dan os seus froitos. Na mesma categoría Marta Rodríguez Cancio acadou o bronce.

Na categoría senior masculina, Lucas Domuro Arias, outro ximnasta de longa traxectoria, acadou unha prata e un bronce en TR e DMT respectivamente, seguido por Mateo Rodríguez Pérez co bronce, Saúl Rodríguez Rodríguez quedouse coa prata en DMT.

Na categoría 11-12 anos Fabio González Fernández acadaba o primeiro posto en TR e o 3º en DMT, pola súa banda, Daniela Rodríguez Augusto facía o propio na categoría feminina, 1ª en TR e 3ª en DMT.

Uxía Blanco Cidón trouxo para Ourense o segundo posto na categoría de 15-16 anos feminina e na masculina Mario Monteagudo Blanco e Iván Pacios Miguel acadaban o 1º e 3º posto respectivamente en TR.

Foi unha competición emotiva na que no que estivo moi presente a figura do adestrador Pablo Hinojar.

Desde aquí a nosa felicitación a todos e todas as organizadoras do evento e, por suposto, aos deportistas e equipos técnicos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad