Ir al contenido

XVII TORNEO PRIMAVERA CIDADE DE OURENSE (OURENSE, 13 DE ABRIL-2025)

Unha nova edición deste torneo volveu encher as gradas da cancha central dos Remedios.

Un total de case 600 ximnastas de 22 clubs de todo Galicia competiron en xornada de mañán e tarde.

Na xornada de mañán que comezou ás 10:00 horas tiveron lugar as competicións de conxuntos de nivel base, prebase e absoluto e individuais de nivel prebase e base. Na xornada de tarde que comezou arredor das 15:00 horas foi o turno da competición de conxuntos de nivel promoción e os individuais de nivel absoluto. Tanto na xornada de tarde como na de mañán houbo diversas exhibicións dos conxuntos pavillonistas e das Escolas de Xinzo de Limia e Barbadás. O evento rematou cos exercicios de Ximnasia Estética de Grupo dos equipos xuvenil e junior mixto do Escola Pavillón.

En canto a resultados, o noso club logrou subir ao pódium en case todas as categorías nas que competía, acadando un total de nove medallas, das que tres foron ouro: conxunto infantil absoluto, conxunto senior absoluto M e conxunto benxamín promoción. Na competición individual foron once as medallas obtidas polo Club Ximnasia Pavillón.

Moitísimas grazas a todos e todas as participantes e organismos e empresas colaboradoras!!!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad