Quen somos

CxP
Ourense

Orixes do Club

Dende as súas orixes ata o ano 2003, o Club Ximnasia Pavillón era, igual que tódolos Clubes Pavillón, unha sección do Club Atletismo Pabellón. Foi en outubro de 2003, sendo D. José Manuel Estévez Feijóo presidente do mesmo, cando se elaboraron os novos estatutos e quedou constituído como club independente co nome de Club Ximnasia Pavillón Ourense.

Momentos Críticos e Rexurdir

Durante todos estes anos de historia, o club tivo mellores e peores momentos, pasando incluso por situacións próximas á súa desaparición, alá polos anos noventa. Nese momento estableceuse un Regulamento Interno no que quedaba claro que o que se primaba era que fixeran ximnasia o maior número posible de nenas e nenos, pero intentando obter resultados capaces de mellorar a autoestima dos ximnastas para impedir o abandono precoz da actividade.

Obxectivos e Filosofía

Con esa base, conseguiuse o noso obxectivo prioritario: formar adestradores de “club” que deran continuidade á labor iniciada e crear unha masa social firme.

A Rítmica no Club

A partires do ano 1993, a rítmica do Club Ximnasia Pavillón comezou a facerse un oco nas competicións autonómicas. Na actualidade, esta disciplina sitúanos entre os clubs galegos de referencia, tanto pola súa participación en campionatos autonómicos (escolares, de base e federados) e en campionatos nacionais como polos resultados acadados.

Abandono da Ximnasia Artística e Nova Etapa

A modalidade de ximnasia artística tivo que ser abandonada debido á falta de adecuación da instalación coa que se contaba. Foi substituída pola modalidade de trampolín (Doble Minitramp e Tumbling), onde os e as nosas ximnastas pronto destacaron, chegando repetidamente a ser campións nacionais, conseguindo participación en Campionatos Mundiais (Dinamarca e Alemania), ximnastas na Selección Galega, etc. Nesta modalidade, o Club conseguiu que Ourense fose un referente na práctica deste deporte durante moito tempo.

Etapa de Declive e Recuperación

Tras uns anos de declive no número de ximnastas de trampolín, debido, entre outras causas, ó cada vez peor estado dos aparatos e falta de instalación, dende o ano 2008 vimos observando un ascenso no número de ximnastas e calidade dos mesmos. Isto débese, en parte, á boa labor realizada polo Club Ximnasia Escola Pavillón, xermo da base dos nosos ximnastas. É sobre todo salientable o nivel acadado na modalidade olímpica de trampolín nos últimos anos.

Mellora das Instalacións

A cesión da instalación deportiva do Campo da Feira en exclusiva para a práctica da ximnasia, dende setembro do ano 2012, aínda que con deficiencias que loitamos e conseguimos mellorar, supuxo para o noso club a posibilidade dun máis rendible aproveitamento dos adestramentos nas dúas modalidades.

Mirando ao Futuro

Acadamos moitos dos nosos obxectivos iniciais, pero sabemos que aínda quedan moitas cousas por mellorar e moitos aspectos nos que avanzar. Entre todos e todas tentaremos seguir progresando cos medios que temos ó noso alcance.

CxP
Ourense

Estatutos e reglamentos

Inscripcións

anos
+ 0
Adestradores
+ 0
Familias
+ 0

Ponte en contacto con nosotros

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad