Profesionais
Equipo de expertos
Experimentados

CxP
Ourense
Agradecimientos
Este club ten unha historia de máis de trinta anos competindo en diferentes modalidades: ximnasia artística feminina, ximnasia artística masculina, trampolín, ximnasia rítmica e ximnasia estética.
Os logros obtidos no transcurso de todos estes anos son froito dun traballo conxunto de moita xente á que queremos agradecer o seu esforzo e colaboración na empresa común que nos une:
Os socios fundadores, Xunta Directiva e adestradores do Club Ximnasia Escola Pavillón (algún destes últimos forma parte tamén do noso corpo técnico), creado no ano 2005 para dar cabida a tantos nenos e nenas que desexan facer ximnasia en Ourense e que, a través da mellor organización de que son capaces, contando con escasos medios para atender a tanta demanda, está facendo posible que exista unha canteira importante de ximnastas na nosa cidade.
A Escola Municipal de Barbadás, a través da cal se formaron e forman moitas ximnastas que chegan a formar parte do noso club. E tamén a outros concellos que van contando connosco para a creación das súas escolas deportivas (Xinzo de Limia, Ribadavia. O Pereiro, etc.), e que confiamos en que cada vez sexan máis.
A ANPAS dos colexios de Ourense, que confían en nós para crear nos seus centros escolas de ximnasia, o que nos permite seguir facendo base.
Os membros da Federación Galega de Ximnasia, que no desenvolvemento do seu traballo permiten melloras como a tecnificación de ximnastas e adestradores e crecemento do noso deporte, entre outras cousas.
Os organismos públicos dos que recibimos subvencións:
- Consello Municipal de Deportes
- Xunta de Galicia
- Deputación Provincial
Antiguos e actuais adestradores, directivas, ximnastas e familias de ximnastas, que permitiron e permiten que o club chegase ata onde hoxe está.
Gracias a todos eles hoxe somos… familia CXPOurense
anos
Adestradores

Nosas modalidades

Trampolín

Ximnasia Rítmica

Ximnasia Estética
Blog
Segue as nosas novidades a través do blog