Comezan as competicións: Fagamos as cousas ben …

…e non nos referimos a gañar moitas medallas.

Papá, mamá comezan as competicións e o meu equipo máis eu imos mostrar o noso traballo destes meses. Estou tan nervios@… Traballamos moito e queremos que as cousas saian ben pero pode non ser así, somos conscientes. Hai que manter a concentración e a confianza nun mesmo, … que difícil!. As adestradoras axúdannos a ver que se algo sae mal non pasa nada, aprenderemos e seguiremos traballando para que a seguinte saia mellor. Dinnos que vaiamos competir sen medos, que sempre todo sae mellor cando se goza. Por iso vos pido que sempre me recibades con un sorriso. Cando vos vexo desgustados polos erros, iso crea en min un sentimento de culpa que me presiona para outras ocasións. Elas dinnos que os erros forman parte do proceso pero se vós lle dades tanta importancia e vos desgustades tanto, cústame velo así.

Temos que pensar en ensinar o noso traballo e facelo o mellor posible, non nos postos nin nas medallas, porque iso non está na nosa man, os demáis equipos tamén adestran e buscan o mesmo. Claro que queremos gañar pero queremos que a todo o mundo lle saia ben porque o merecen polo seu esforzo e traballo. É máis, as nosas adestradoras sempre nos animan a apoiar a todos os equipos, sexan do club que sexan (é o normal se tamén queres que te apoien a ti). Por outra banda está a decisión das xuíces, é unha tarefa dificilísima de realizar, debemos estar moi agradecid@s ao seu traballo e ao de todas as persoas que organizan e axudan nas competicións, grazas a el@s podemos vivir estes momentos tan bonitos.

Os que competimos en equipo sabémolo, quen compite é o equipo, non importa se desta vez me toca actuar a min ou non (se non me toca desta vez tocaráme a seguinte). Non lle deades máis importancia ca min a isto, a diferenza na vivencia da competición son dous minutos. O resultado mostra o traballo de tod@s durante todos os adestramentos, tod@s nos necesitamos porque ás veces enfermamos ou nos lesionamos e se fósemos xust@s non poderiamos adestrar ou competir. Pídovos que non xulguedes ás miñas compañeiras ou á adestradora, tod@s temos un obxectivo común do que sentimos partícipes (porque así nolo fan sentir) e gustaríame que as veces que sexa eu quen actúe, as súas familias estivesen a apoiarme e non a xulgarme.

As adestradoras quérennos moito, son as primeiras que sofren cando as cousas non saen ben, porque elas tamén adicaron moito tempo e traballo. Ademáis senten mágoa por nós, porque coñecen o noso esforzo mellor que ninguén. Elas son as primeiras que nos apoian e nos reciben con agarimo ao saír do tapiz e axudaránnos a restar importancia a ese momento, a saber repoñernos e continuar con máis forza para o seguinte que veña. Apoiádeas a elas tamén, necesítano.

Pasádeo xenial na miña competición! Se todo sae ben festexarémolo pero sen esquecernos de que ao día seguinte as medallas xa non valen nada e hai que seguir currando. E se as cousas saen mal aprenderei unha chea de cousas para a ximnasia e para a vida. Sexa como sexa vivirei momentos cos meus compañer@s dos que gardarei recordos inesquecibles!

Natalia Gómez Blanco, directora técnica do Club

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
    Privacidad
    Ir al contenido