Os conxuntos base pavillonistas firmaron un exclente final de tempada nunha competición de alta participación.
O conxunto benxamín realizou un excercicio moi ben executado que as colocou, no seu primeiro ano en competición nacional, na primeira mitade da táboa clasificatoria, co posto 21.
O conxunto infantil do Escola Pavillón, mostrou a súa veteranía en competición nacional e colocáronse no posto 24 entre os 110 equipos participantes nesta categoría.
O conxunto cadete do Escola Pavillón realizou un dos mellores pases da tempada co seu exercicio de pelotas e cintas, colocándose no posto 63 entre os 100 conxuntos que particpaban nesta categoría.
Os tres conxuntos dan así por finalizada a tempada e en breve comezarán xa coa preparación dos novos exercicios para 2024 con toda a ilusión de seguir mellorando.
Parabéns a todas!!