Este ano oito ximnastas do Club formaron parte da delegación española que representaba a España no Mundial por Idades que se celebrou en Birmingham, Gran Bretaña.
A delegación pavillonista fixo unha excelente competición, destacando a competición de Diego Rodríguez Pérez (11-12 anos), Daniel George Imray Carrasco (13-14) e Pedro Castaño Garrido (15-16) en trampolín, onde rozaron as finais con execelentes puntuacións: 81.960, 91.050 e 95.630 respectivamente.
En Sincronismo tres parellas lograron o pase ás finais: a parella formada por Diego Rodríguez Pérez e Iker García Martínez, a formada por Pedro Castaño Rodríguez e Mateo Rodríguez Pérez e a parella formada por Saúl Rodríguez Rodríguez e Hugo Rodríguez Pérez.
O domingo 19 celebrouse o Mundial Junior onde participaban aqueles e aquelas ximnastas junior que pasaran a finais no Mundial por Idades, polo que a parella de Pedro e Mateo puido participar facendo unha competición moi emocionante. Acadaron o primeiro posto en preliminares cunha espectacular nota de 48.430 e xa en finais estiveron a punto de acadar o bronce, quedando finalmente na cuarta posición moi cerca dos terceiros.
O equipo de Trampolín segue a darnos alegrías. Parabéns!!!!