CAMPIONATO GALEGO DE TRAMPOLÍN. BASE E ELITE [A ESTRADA, 14 DE DECEMBRO, 2024]

Rematamos temporada con moi boas vibracións!!!

O equipo de trampolín tivo unha moi boa participación no Campionato Galego. As novas xeracións que se van incorporando á modalidade fixeron bos exercicios que nalgúns casos incluso lle permitiron subir ao podio, como foi o caso de Moraima Nóvoa Fernández e Fabio González Fernández. Os e as ximnastas máis veteráns non defraudaron tampouco.

En categoría infantil foron medallistas: Mara Lázaro Díaz:( 2ª en TRA, 3ª en DMT, 2ª en SIN), Daniela Rodríguez Augusto (1ª en TR en DMT e SIN), Iker García Martínez (1º en TR e DMT, 2º en SIN), Diego Rodríguez Pérez (2º en TR, 1º en SIN) e Brais Aguilar Vila (3º en TR e DMT).

En categoría Pre-Junior as medallas foron para: Uxía Blanco Cidón (2ª en TR e DMT), Mario Monteagudo Blanco (1º en TR e DMT e 2º en SIN) e Iván Pacios Miguel (2º en TR e SIN).

En categoría junior os podios pavillonistas quedaron como sigue: Claudia Blanco Cidón (1ª en TR e DMT), Zaira Couxil Gómez (2ª en TR), Daniel Imray Carrasco (1º en TR e SIN e 2º en DMT) e Mateo Rodríguez Pérez (2º en TR e 1º en DMT e SIN).

Por último a categoría senior acadou as seguintes preseas: Noa Puente-Dodd Álvarez (2ª en SIN), Marta Rodríguez Cancio (2ª en TR e SIN e 3ª en DMT), Pedro Castaño Garrido (3º en DMT e SIN), Hugo Rodríguez Pérez (2º en TR e 1º en SIN), Saúl Rodríguez Rodríguez (3º en TR, 1º en DMT e SIN) e o veterano Lucas Domuro Arias (1º en TR, 2º en DMT e 3º en SIN).

Parabéns a ximnastas e ao equipo técnico!!!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido