O sábado día 7 de outubro, na Cancha Central dos Remedios, tiveron lugar dúas máis das importantes citas do ano, nas que sete dos nosos conxuntos (un de nivel prebase, tres de nivel base e tres conxuntos absolutos) se medían co resto de conxuntos galegos.
As nosas benxamíns proclamáronse subcampionas despois de facernos disfrutar nos seus dous pases. As infantís tiveron erros na primeira rotación e souberon remontar e de que xeito, obsequiándonos con un exercicio brillante na segunda rotacion na que obtiveron a mellor nota da categoría, rematando no 5º posto na xeral. As cadetes base dérono todo na primeira rotación e colocáronse no máis alto da clasificación pero o segundo pase non foi tan acertado e finalmente acadaron o bronce. As cadetes prebase mostraron unha boa evolución, estiveron maís acertadas no primeiro pase e finalmente quedaron en 8º posición. Os conxuntos benxamín, infantil e cadete base competirán en Pamplona no nacional.
Na xornada de tarde foi o turno dos tres conxuntos absolutos. As alevíns realizaron un exercicio excepcional co que obtiveron unha das mellores puntuacións de todo o control (21,550). As junior de primeiro ano, con un exercicio moi medido e ben executado, obtiveron o segundo posto e con el o pase para a Copa. As junior de segundo ano encadearon unha serie de erros que as levaron ao terceiro posto. Serán entón o conxunto alevín CXPOurense e o junior Escola Pavillón os que estarán na Fase Final da Copa de España.
Moitos parabéns ás ximnastas e adestradora polo seu traballo e motísima sorte para o resto de tempada que aínda está a comezar!!