Campionato Nacional Clubs – Segunda Fase Copa Conxuntos Ourense, 6-9 de xullo – 2023

Por fin chegou o día! Por fin puidemos ver os mellores conxuntos nacionais en Ourense. A cancha do Paco Paz vibrou con cada actuación de Galicia e en especial do noso club. Desta vez o destacado non foron as ximnastas senón o voluntariado: a familia CXP deu de novo a talla.

Na competición individual as nosas alevíns estiveron marabillosas e viviron unha experiencia inolvidable. A primeira en competir foi Alma co seu exercicio de aro, soubo superar a presión con moita madurez. Claudia, en mans libres, realizou un exercicio moi correcto e con moita elegancia. Lara debutaba nun nacional individual e as súas mazas estiveon á altura. O equipo ocupou o posto 27 da clasificación.

A II Fase de Copa Conxuntos foi moi emocionante. O conxunto alevín tivo algúns erros que as alonxaron dunha mellor clasificación, ocuparon o posto 12º. O conxunto junior realizou un fantástico exercicio e foron 11º. Ambos conxuntos viviron a competicion con moitísima emoción.

Grazas a todo o voluntariado, do noso club e do resto de Galicia e grazas á RFEG, FGX, Concello de Ourense, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, así como a todas as empresas que colaboraron.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido